Política de Privacidade
-
Quen trata os seus datos persoais?
MINISTERIO DE XUSTIZA. Dirección Xeral de Transformación Dixital da Administración de Xustiza.
Enderezo postal: R/ Ocaña 157, 28047 Madrid
DIR 3: E03139805
Correo electrónico: dgtdaj.protecciondedatos@mju.es
Datos de contacto do/a delegado/a de protección de datos: protecciondedatos_dgtdaj@mjusticia.es
-
Cal é a finalidade do tratamento?
A realización dos diferentes trámites e servizos que se prestan en Carpeta Xustiza.
A Dirección Xeral de Transformación Dixital da Administración de Xustiza utilizará os datos obtidos do mecanismo de autenticación para que poida realizar os diferentes trámites cos órganos públicos destinatarios dos mesmos.
Non se elaborarán perfís nin se tomarán decisións automatizadas con base nestes datos persoais.
-
Que datos persoais se tratan?
As categorías de datos que tratamos son:
• Nombre y apellidos
• NIF -
Cal é a base xurídica que lexitima o tratamento dos datos?
A base xurídica que lexitima o tratamento dos seus datos é a relativa á misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos.
Así mesmo, o tratamento está baseado no seu consentimento, salvo que teña a obriga legal ou asumira a obriga de realizar os trámites a través deste Portal.
-
Por canto tempo conservaremos os datos?
Os seus datos conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade indicada e para determinar as posibles responsabilidades que poidan derivar da dita finalidade e do propio tratamento dos datos. Será de aplicación o disposto na normativa de arquivos e documentación, e poderanse tratar con fins de investigación estatística.
-
A que destinatarios se comunicarán os datos?
Os datos persoais comunicaranse aos órganos e organismos públicos destinatarios dos trámites que se realicen a través de Carpeta Xustiza.
Así mesmo, comunicaranse a organismos públicos competentes, xuíces e tribunais e mais Ministerio Fiscal, cando exista a obriga legal de facilitalos.
No está prevista ningunha transferencia internacional dos seus datos persoais.
-
Tratamento realizado polos órganos e oficinas xudiciais
O tratamento dos seus datos persoais, incluídos aqueles que estean contidos nos escritos, documentos e actos de comunicación, así como de calquera información que teña como orixe ou destino os órganos e oficinas xudiciais, será responsabilidade destes últimos, como responsables do tratamento con fins xurisdicionais, os cales utilizarán os seus datos de carácter persoal coa finalidade que derive da aplicación das leis procesuais.
Os prazos e criterios de conservación serán os previstos nestas leis.
O dereito de acceso, rectificación e supresión dos datos de carácter persoal, e a limitación ou oposición ao seu tratamento, realizarase de conformidade coas leis procesuais, debéndose exercer tal dereito ante os xulgados e tribunais. Así mesmo, tamén se poderá exercer o dereito a reclamar ante a Dirección de Supervisión e Control de Protección de Datos do Consello Xeral do Poder Xudicial, que é a autoridade de control para tratamentos con fins xurisdicionais.
-
Cales son os dereitos en relación cos seus datos persoais?
Con carácter xeral, para o exercicio dos dereitos debe remitir un correo electrónico a dgtdaj.protecciondedatos@mju.es incluíndo una copia do seu documento de identidade ou documento equivalente, para a súa correcta identificación.
Na seguinte táboa encontrará que dereitos pode exercer e en que consisten:
Dereito a retirar o consentimento
Este dereito facilita retirar o consentimento ou, se for o caso, consentimentos previamente prestados. A retirada do consentimento non afectará á licitude do tratamento baseada no consentimento previo á súa retirada.
Dereito de acceso
Este dereito permite que se lle informe do seguinte:
- Dos fins do tratamento, das categorías de datos persoais que se traten e das posibles comunicacións de datos e dos seus destinatarios.
- De ser posible, do prazo de conservación dos seus datos. De non o ser, dos criterios para determinar este prazo.
- Do dereito a solicitar a rectificación ou supresión dos datos, da limitación ao tratamento ou da oposición ao mesmo.
- Do dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control.
- Se se produce unha transferencia internacional de datos, das garantías adecuadas.
- Da existencia de decisións automatizadas (incluíndo perfís), da lóxica aplicada e das consecuencias deste tratamento.
Dereito de rectificación
O dereito de rectificación permítelle non só rectificar os datos inexactos, senón tamén que se completen os datos persoais incompletos, mesmo mediante unha declaración adicional.
Dereito de oposición
Este dereito, como o seu nome indica, supón que se pode opoñer a que a DXTDAX realice un tratamento dos datos persoais no seguinte suposto:
- Cando sexan obxecto de tratamento baseado nunha misión de interese público ou no interese lexítimo, incluíndo a elaboración de perfís. A DXTDAX deixará de tratar os datos salvo que acredite motivos imperiosos que prevalezan sobre os intereses, dereitos e liberdades do interesado, ou que sexa para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.
Dereito de supresión
Con este dereito poderá solicitar a supresión dos datos persoais sen dilación indebida cando concorra algún dos seguintes supostos:
- Se os seus datos persoais xa non son necesarios en relación cos fins para os que foron recollidos ou tratados doutro modo.
- Se os seus datos persoais se deben suprimir para o cumprimento dunha obriga legal establecida no dereito da Unión ou dos Estados membros que se aplique á DXTDAX.
No obstante, este dereito non é ilimitado, de tal xeito que pode ser factible non proceder á supresión cando o tratamento sexa necesario: para o cumprimento dunha obriga legal; para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos á DXTDAX; por razóns de interese público; con fins de arquivo en interese público ou fins estatísticos; ou para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.
Dereito á limitación do tratamento
Este dereito consiste en que obteña a limitación do tratamento dos seus datos que realiza a DXTDAX cando impugne a exactitude dos seus datos persoais, durante un prazo que lle permita á DXTDAX a súa verificación.
Ao mesmo tempo, este dereito permite solicitarlle á DXTDAX que conserve os seus datos aínda que ela xa non os necesite para os fins do tratamento, pero si os necesite vostede para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.
Dereito á portabilidade
Informámoslle que este dereito non procede cando o tratamento é necesario para cumprir unha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable.
Dereito a reclamar ante a autoridade de control
Pode presentar una reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos: https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/vistas/formNuevaReclamacion/nuevaReclamacion.jsf?QID=Q500&ce=0