Aviso legal

As presentes condicións xerais de uso do portal regulan os termos e condicións de acceso e uso de https://carpeta.justicia.es, e mais de todos os subdominios e directorios incluídos baixo ela, cuxo titular é o Ministerio de Xustiza a través da Dirección Xeral de Transformación Dixital da Administración de Xustiza (de aquí en diante, DXTDAX), E05039303, R/ Ocaña, 157 28047 Madrid; condición xerais que o usuario do Portal deberá de ler e aceptar para poder usar todos os servizos e información que se facilitan desde o mesmo.

 

CONDICIÓNS XERAIS DE USO DO PUNTO DE ACCESO XERAL

 

O Ministerio de Xustiza infórmalle que o acceso e uso da páxina web https://carpeta.justicia.es e de todos os subdominios e directorios incluídos baixo ela (de aquí en diante, denominados en conxunto como o Portal), así como os servizos ou contidos que a través do Portal se poidan obter, están suxeitos aos termos que se detallan neste aviso legal, sen prexuízo de que o acceso a algún dos ditos servizos ou contidos poidan precisar da aceptación dunhas condicións xerais adicionais.

Daquela, se as consideracións detalladas neste aviso legal non son da súa conformidade, pregámoslle que non faga uso do Portal, xa que calquera uso que faga del ou dos seus servizos e contidos implicará a aceptación dos termos legais recolleitos neste texto.

O Ministerio de Xustiza reserva para si o dereito a realizar cambios no Portal sen previo aviso co obxecto de actualizar, corrixir, modificar, engadir ou eliminar os contidos do Portal ou do seu deseño. Os contidos e servizos que ofrece o Portal actualízanse periodicamente. Debido a que a actualización da información non é inmediata, suxerímoslle que comprobe sempre a vixencia e exactitude da información, servizos e contidos recollidos no Portal.

As condicións e termos que se recollen no presente aviso poden variar, polo que o/a invitamos a que revise estes termos cando visite de novo o Portal. O Ministerio de Xustiza non se fai responsable dos danos e perdas que poida ocasionar a utilización das ferramentas e informacións contidas en https://carpeta.justicia.es en relación coa adopción de decisións sobre o inicio, desenvolvemento ou resultado de procedementos administrativos. Tales decisións deben ser contrastadas nos centros, organismos ou dependencias competentes. En calquera caso, a información e contidos desta web non poderá ser alegada en procesos contraditorios coa Administración pública, que non asume responsabilidade ningunha polas discrepancias que poidan existir entre os documentos impresos da Administración competente e a publicación electrónica nestas páxinas.

O usuario deberá respectar en todo momento os termos e condicións establecidos nas presentes condicións xerais de uso do Portal. De forma expresa, o usuario manifesta que utilizará o Portal de forma dilixente e asumindo calquera responsabilidade que poida derivar do incumprimento das normas.

Así mesmo, o usuario non poderá utilizar o Portal para transmitir, almacenar, divulgar promover ou distribuír datos ou contidos que sexan portadores de virus nin calquera outro código informático, arquivo ou programa deseñados para interromper, destruír ou prexudicar o funcionamento de calquera programa informático ou sistema de información.

 

DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E DE PROPIEDADE INDUSTRIAL

 

Tanto o deseño do Portal e os seus códigos fonte coma os logos, marcas e demais signos distintivos que aparecen nel pertencen ao Ministerio de Xustiza ou entidades colaboradoras, e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial. Igualmente están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial elementos coma as imaxes, etc. contidos no servidor do Ministerio de Xustiza.

A información dispoñible neste sitio web, bardante de indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando neste sentido autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización
O usuario queda obrigado a mencionar a data da última actualización dos documentos obxecto da reutilización.
O Ministerio de Xustiza declara o seu respecto polos dereitos de propiedade intelectual e industrial de terceiros. Daquela, se considera que este sitio pode estar violando os seus dereitos, pregámoslle que se poña en contacto co Ministerio de Xustiza a través da Oficina Central de Atención ao Cidadán e Rexistro do Ministerio.

 

LIGAZÓNS

 

Os usuarios que se propoñan establecer unha ligazón entre a súa páxina web e a do Ministerio de Xustiza deberán ter en conta o seguinte:

O establecemento da ligazón non implica en ningún caso a existencia de relacións entre o Ministerio de Xustiza e o propietario da páxina web en que se estableza, nin a aceptación e aprobación por parte do Ministerio de Xustiza dos seus contidos ou servizos. Xa que logo, non se declarará nin se dará a entender que o Ministerio de Xustiza autorizou expresamente a ligazón nin que supervisou ou asumiu de calquera forma os servizos ofrecidos ou postos á disposición na páxina web desde a que se establece a ligazón.
O Ministerio de Xustiza non se responsabiliza de ningún xeito, nin garante a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade, dos contidos ou servizos que o establecemento da ligazón poida ofrecer. O usuario asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que poidan derivar do acceso á páxina web da ligazón.
La página web en la que se establezca el hiperenlace no podrá contener ninguna marca, denominación, logotipo, eslogan u otros signos distintivos pertenecientes al Ministerio de Justicia, excepto aquellos signos que formen parte del mismo hiperenlace.
A páxina web na que se estableza a ligazón non poderá conter ningunha marca, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes ao Ministerio de Xustiza, agás aqueles signos que formen parte da mesma ligazón.
A páxina web na que se estableza a ligazón non conterá informacións con contidos ilícitos nin contrarios á moral, aos bos costumes xeralmente aceptados nin á orde pública. Tampouco conterá contidos contrarios a calquera dereito de terceiros.
A páxina web na que se estableza a ligazón non conterá informacións con contidos ilícitos, discriminatorios, contrarios aos principios éticos comunmente aceptados nin que atenten contra a orde pública. Tampouco conterá contidos contrarios a calquera dereito de terceiros.

 

FRAMES

 

O Ministerio de Xustiza prohibe expresamente a realización de framings ou a utilización por parte de terceiros de calquera outro mecanismo que altere o deseño, configuración orixinal ou contidos do Portal.

 

LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

 

A lei aplicable en caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que conforman este aviso legal, así como de calquera cuestión relacionada cos servizos do presente Portal, será a lei española. Para a resolución de calquera conflito que poida xurdir con ocasión da visita ao Portal ou do uso dos servizos que nel se poidan ofertar, o Ministerio de Xustiza e o usuario ou usuaria acordan someterse aos xuíces e tribunais de domicilio do usuario ou usuaria, sempre que se atope situado en territorio español.