Inicio
Que é Carpeta Xustiza?
O portal de Carpeta Xustiza permítelles á cidadanía, ás empresas e aos profesionais da xustiza o acceso aos servizos de Xustiza a calquera hora, os 365 días do ano.
Descubre todo lo que ofrece Carpeta Justicia
Quen pode acceder a Carpeta Xustiza?
Poden acceder a Carpeta Xustiza:
- Persoas físicas (cidadanía).
- Persoas xurídicas (por exemplo, o representante dunha empresa).
- Profesionais da xustiza (por exemplo, avogados, procuradores ou graduados sociais).
Que servizos ofrece Carpeta Xustiza?
Información relacionada con expedientes xudiciais
Desde Carpeta Xustiza pode vostede consultar a seguinte información:
- Apoderamentos. Un apoderamento é o poder que vostede lle outorga a un profesional (por exemplo, un avogado, procurador ou graduado social) para que o/a represente nun asunto xudicial.
- Expedientes xudiciais. Nos expedientes xudiciais que teña, pode vostede consultar o estado do mesmo, e nalgúns casos poderá acceder aos documentos e elementos que forman parte do expediente a través dunha ligazón que o/a levará ao visor do expediente xudicial electrónico (Horus).
- Edictos e resolucións xudiciais asociadas. Un edicto é un documento que se publica no Taboleiro Edictal Xudicial Único, dentro do Boletín Oficial del Estado, para informalo/a de que lle intentaron notificar unha resolución xudicial. Tamén poderá ver a resolución xudicial asociada a ese edicto.
- Sinalamentos. Un sinalamento é unha cita que lle enviaron para acudir a un xulgado nun procedemento xudicial. Entre outra información, poderá ver o día, a hora, o xulgado ao que ten que acudir e mais o procedemento xudicial de que se trata.
Se vostede é avogado/a, procurador/ora ou graduado/a social, poderá ademais realizar as seguintes accións relacionadas coas contas de depósitos e consignacións xudiciais:
- Consultar os movementos das contas nas que ten autorizado o acceso.
Solicitar acceso ás contas asociadas a aqueles procedementos dos que forme parte. Se o necesita, tamén ten á súa disposición un buscador de órganos xudiciais, o cal lle permite obter os datos do xulgado e oficina asociada.
Listaxe de "Certificados oficiais"
Desde Carpeta Xustiza pode solicitar os seguintes certificados oficiais:
- Certificado de nacemento. É un documento oficial que acredita que se rexistrou o nacemento dunha persoa.
- Certificado de matrimonio. É un documento oficial que se utiliza para demostrar que dúas persoas están casadas.
- Certificado de defunción. É un documento oficial que se utiliza para rexistrar que unha persoa faleceu.
- Certificado de antecedentes penais. É un documento oficial que demostra se foi, ou non, condenado/a por algún delito.
- Certificado de ausencia de delitos de natureza sexual. É un documento oficial que demostra se foi condenado/a ou non por algún delito de natureza sexual.
- Certificado de actos de última vontade. É un documento oficial que demostra se unha persoa outorgou testamento, e en caso de que así fose, ante que notario ou notaría.
- Certificado de seguros de cobertura de falecemento. É un documento oficial que acredita os contratos vixentes nos que figura, como asegurada, a persoa falecida, e con que entidade aseguradora.
Servizos de resumo e anonimización
Desde Carpeta Xustiza poderá:
Resumir un documento xudicial en linguaxe sinxela. Este servizo permítelle resumir un documento xudicial utilizando unha linguaxe sinxela, é dicir, que sexa comprensible por calquera persoa aínda que non teña coñecementos de Dereito.
Anonimizar un documento xudicial. Este servizo permítelle eliminar os datos persoais contidos no documento que desexe.
Ligazóns directas a outros servizos
Desde Carpeta Xustiza facilitámoslle tamén a relación con outros servizos de xustiza ofrecidos noutras páxinas web. Estes son algúns dos servizos:
- Solicitar cita previa. Pode solicitar cita previa nas xerencias territoriais do Ministerio, nas oficinas do Rexistro Civil, na Oficina Central de Atención ao Cidadán do Ministerio e nalgúns órganos xudiciais.
- Acceder ás sedes xudiciais electrónicas. Pode acceder á sede xudicial electrónica do Ministerio ou de calquera comunidade autónoma.
Gústalle Carpeta Xustiza?
Se quere enviar a súa opinión sobre Carpeta Xustiza, pode facelo a través do seguinte formulario.